Delimitación dos Camiños

Nos seguintes enlaces está dispoñible a documentación referente á delimitación oficial das diferentes rutas do Camiño de Santiago, documentos completos vinculados a esa delimitación e datos de información xeográfica.

Esa documentación inclúe, relacionadas por concellos, a memoria xustificativa da delimitación, coa descrición literal dos tramos delimitados, as súas características e elementos accesorios, así como unha serie de planos a escala na que aparecen grafados a traza os contornos de protección, a localización dos principais elementos de valor patrimonial e a microtoponimia. Os arquivos gráficos permiten a súa visualización e o intercambio da información xeográfica que conteñen, en contraste con outros proveedores de información.