Dinamización: DÍA DA ILUSTRACIÓN 2024

DÍA DA ILUSTRACIÓN 2024

A Xunta de Galicia conmemora o Día da Ilustración 2024 cun amplo de abano de actividades nas bibliotecas de xestión autonómica sobre o legado de Chichi Campos, artista que se homenaxea este ano. 

Ler máis

Trátase dunha programación que estará presente nas bibliotecas xestionadas pola Xunta de Galicia e en escolas de arte e na que destaca a mostra bibliográfica "Xesús Chichi Campos: o humor de trazo elegante" na Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura. Estará dispoñible do 30 de xaneiro ao 12 de maio e nela participan artistas como Leandro Barea, Iván Mourente e Idoia de Luxán, entre outros/as. Tamén cómpre salientar a proxección do documental Chichi Campos e mais eu, realizado polo seu fillo Nico Campos. Proxectarase o día 30, ás 18.00 horas, nas bibliotecas da Xunta na Coruña e Pontevedra; os días 29 e 30, ás 18.00 horas, na Biblioteca Juan Compañel de Vigo, e o 2 de febreiro, ás 19.00 horas, na Biblioteca de Galicia.

Con esta serie de iniciativas, a Xunta de Galicia quere render unha homenaxe a Xesús Campos Álvarez, coñecido como Chichi Campos, un home que fixo moitas cousas en apenas 39 anos de vida e que destacou como debuxante, humorista, columnista e guionista.

Comparte