Equipamento: Arquivo Histórico Provincial de Lugo

Arquivo Histórico Provincial de Lugo

O Arquivo Histórico Provincial de Lugo créase no ano 1951 por orde do Ministerio de Educación Nacional. Non contou cun edificio de seu ata o ano 1988. A sede actual conta con seis andares, con capacidade para 20.000 metros lineais de andeis. Entre os seus fondos figuran protocolos notariais do distrito de Lugo, o arquivo municipal da capital e as contadurías de hipotecas da cidade. Ademais recolle, custodia e serve a documentación que pode ser consultada polas administracións, investigadores e cidadáns.

Contidos do equipamento:

Dispón de fondos

Ler máis
  • Arquivísticos
  • Bibliográficos
  • Cartográficos
  • Fondos especiais
  • Fondos de arquivo de imaxes

O arquivo custodia documentación procedente da Administración periférica do Estado, goberno civil, delegacións provinciais de Agricultura, Cultura, Educación, Estatística, etc.

Documentación do Poder Xudicial, correspondentes á Audiencia Provincial de Lugo, o Criminal de Mondoñedo e o Xulgado de Primeira Instancia e instrución nº 1 da capital.

Documentación histórica da Xefatura Provincial do Movemento, os da Sección Femenina e os da Comisaría de Abastecementos e Transportes.

Os fondos do arquivo inclúen documentación de orixe privada conseguida por compra, donación ou depósito, como a relacionada co Casino de Lugo, o Conde de Pallares, a colección Figueras ou a colección Cancio–Dolembún, entre outros.

Conta asemade con protocolos centenarios da provincia e fondos das institucións rexistrais do Concello de Lugo.

Ficha técnica

Titularidade e xestión

O Ministerio de Cultura é o titular deste arquivo, que está xestionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Servizos

  • Sala de exposicións
  • Salón de actos, con 49 prazas
  • Servizo de lectura de microformas
  • Sala de consulta e de lectura, con 18 prazas
  • Reprografía de documentos, con 3 fotocopiadoras

Acceso ás instalacións

Libre

Espazos

  • Metros lineais de andeis: 20.000
  • Superficie en metros cadrados: 4.197

Datos de contacto

Dirección: Rúa Cambria, s/n. - 27002 Lugo

Teléfono: 982 227 956

Fax: 982 225 806

e-mail: arq.historico.prov.lugo@xunta.es

e-mail: ahp.lugo.informacion@xunta.es

Responsable: Dolores Pereira Oliveira

Directora

e-mail: ahp.lugo.direccion@xunta.es

Atención ao público de luns a venres, entre as 8:30 e as 20:00 horas.

O Arquivo permanece pechado durante os festivos nacionais, autonómicos -17 de maio e 25 de xullo- e locais -martes de Entroido e 5 de outubro-.

Comparte